Portada de Así falamos por Carballo: Bergantiños en 366 palabras

Así falamos por Carballo: Bergantiños en 366 palabras

ISBN 9798270511296

Desde 8,27 €

Por Rei Gómez, Ricardo

  • 2025
  • 71 págs.
  • Gallego
  • Tapa blanda
¿Compras varios libros?
y te decimos dónde sale más barata la compra entera.

Comparativa de precios

  1. Amazon Mejor opción
    8,27 € Envío 0,99 €
    Total 9,26 € 2 días

Compras directamente en la tienda oficial, al mismo precio que yendo por tu cuenta. Los precios y la disponibilidad pueden variar; cada oferta indica cuándo se consultó su precio si no es reciente.

Sobre este libro

Así falamos por Carballo: Bergantiños en 366 palabras é unha homenaxe ás palabras, expresións e tradicións que conforman a identidade lingüística de Bergantiños. A través deste proxecto, Ricardo Rei Gómez recolle e pon en valor as voces e os ecos da nosa Comarca, unha terra onde as palabras teñen historia, carácter e raíces profundas. A súa obra nace do desexo de preservar e compartir un patrimonio lingüístico único, transmitido xeracións tras xeracións persoas que nos legaron as súas sabedorías a través de ditos, refráns, coplas e palabras. Este libro-dicionario, que recolle as peculiaridades do galego falado na comarca de Bergantiños, afonda no significado das palabras e nos fenómenos lingüísticos que marcan a nosa fala. Non se trata dun estudo académico senón dun exercicio de lembranza e emoción, que invita a "desbloquear recordos" a través desas palabras olvidadas e que se achega á xente dun xeito ameno e accesible. A través das súas páxinas, o autor revive o legado das persoas maiores, como os seus avós, que foron gardiáns dunha cultura que non debe perderse. Así falamos por Carballo é un testemuño dunha terra onde cada palabra conta, onde cada son ten unha historia que merece ser contada. Un libro que, lonxe de pretender ser ortodoxo na súa grafía, fai xustiza á auténtica riqueza da nosa fala, a que distingue a Carballo e todo Bergantiños. Ricardo Rei Gómez, mestre de Educación Primaria e Educación Musical, exmúsico, exbeiladore, xogador de chave e apaixonado das tradicións da súa terra, regálanos este proxecto que comezou en 2010 e que se renovou nas redes sociais co nome de "Esperrechándome: Bergantiños en 366 palabras". Unha invitación a sentir, a falar e a recordar a nosa identidade, con orgullo e sen complexos.
Mejor precio 9,26 € en Amazon
Ver libro →