Portada de Ao voso gusto - Medida por Medida

Ao voso gusto - Medida por Medida

ISBN 9788484874379

Desde 18,70 € · envío gratis Compara las 2 tiendas ↓

Por William Shakespeare

  • Gallego
  • Tapa blanda
  • Literatura
¿Compras varios libros?
y te decimos dónde sale más barata la compra entera.

Comparativa de precios

Ahorro máximo 1,33 € de diferencia entre la tienda más cara y la más barata

  1. Amazon Mejor opción
    18,70 € Envío gratis
    Total 18,70 € Mejor opción 2 días
  2. Imosver
    17,05 € Envío 2,98 €
    Total 20,03 € +1,33 € 5 días

Compras directamente en la tienda oficial, al mismo precio que yendo por tu cuenta. Los precios y la disponibilidad pueden variar; cada oferta indica cuándo se consultó su precio si no es reciente.

Sobre este libro

Este volume reúne dúas comedias de William Shakespeare de moi distinta índole que son boa mostra da amplitude do seu xenio. AO VOSO GUSTO (probablemente escrita e estreada en 1599) é unha comedia romántica e pastoril. Varios personaxes, que foxen da corte vítimas de distintas inxustizas (un duque deposto por seu irmán, acompañado dun pequeno grupo de leais; a súa filla Rosalinda, desterrada polo tío e acompañada pola súa prima Celia; o xove Orlando, desposuído e maltratado por seu irmán maior, acompañado por un vello e fiel servente), coinciden no idílico bosque de Arden, onde transcorre a maior parte da obra, e alí atoparanse con algúns dos seus moradores. É unha comedia brillante e divertida. A súa protagonista, Rosalinda, é o personaxe feminino máis atractivo e encantador de Shakespeare. Disfrazada de home, xogando coa ambigüidade sexual, será a forza motriz que levará os enredos da obra a un final feliz. Pero hai tamén outros personaxes de grande atractivo: o melancólico Xacobe, o bufón Pedradetoque, os pastores Silvio e Feba... A acción de MEDIDA POR MEDIDA (1604) está situada nun contexto urbano, cos seus baixos fondos incluídos. É una obra de cores escuras, cuns personaxes demasiado humanos para unha comedia, constantemente no límite da traxedia, polo que máis propiamente hai que cualificala como traxicomedia. O duque de Viena decide ausentarse por tempo indefinido e deixa o goberno da cidade en mans de Ánxelo, home de moralidade estrita que está decidido a poñer freo ao que considera crecente libertinaxe sexual. Condena a morte a Clodio, que vai ter un fillo coa súa prometida. Isabel, unha noviza irmá de Clodio, é convencida para que interceda por el ante Ánxelo. Este accede a perdoalo, pero cunha condición. É unha obra que invita a reflexións morais sobre a corrupción e abuso do poder, a sexualidade, a mentira, a xustiza e o perdón. Dunha asombrosa modernidade, cun final aberto que na lectura queda en mans do lector e no escenario nas de actriz que interpreta a Isabel.
Mejor precio 18,70 € en Amazon
Ver libro →