Comparativa de precios
Ahorro máximo 1,32 € de diferencia entre la tienda más cara y la más barata
-
Amazon
Mejor opción
18,29 € Envío gratisTotal 18,29 € Mejor opción 2 días -
Imosver
16,63 € Envío 2,98 €Total 19,61 € +1,32 € 5 días
Compras directamente en la tienda oficial, al mismo precio que yendo por tu cuenta. Los precios y la disponibilidad pueden variar; cada oferta indica cuándo se consultó su precio si no es reciente.
Sobre este libro
Lalín, outono do 1946. O avogado Román Ulloa recibe o encargo de convencer aos descendentes dunha familia fidalga republicana para que vendan o seu pazo a un alto mando afín ao réxime, encaprichado coa propiedade. Así comeza Acta de vítimas, novela sobre os abusos seudolegais amparados polo franquismo, e recreación dunha época terrible na que o medo era rasgo definitorio dunha sociedade sometida. As sutís presións, as medias verdades susurradas, a tensión ambiental permanente, conforman a contorna na que respiran día a día unha galería de personaxes que abranguen un amplo mostrario de actitudes: desde o colaboracionismo activo ata o forzado, pasando pola resignación cabal e os brotes illados de rebeldía. Pero, como o impulso de vivir sobreponse a todo, nestas páxinas hai tamén cabida para a tenrura, a lembranza, o agarimo, o humor... e os arroutos de dignidade mesmo no contexto máis hostil e opresivo. A multitude de caracteres secundarios que poboan o relato complementan unha visión daquela Galicia desapacible e gris, especialmente para as vítimas sen acta que as recoñecera como tales.