A ARTE DA GUERRA (BILINGÜE)
Ficha
Año: | 2013 |
---|
Editorial: | Teófilo Ediciones |
---|
ISBN/EAN: | 9788494075766 |
---|
|
DESCRIPCIÓN
- Versión bilingüe, en chinés e galego, do clásico chinés traducido por Xulio RÃos, director do IGADI e do Observatorio da PolÃtica China. Escrito a finais do século VI antes da nosa era que constitúe o traballo teórico militar máis antigo de China e do mundo que recolle o núcleo da sabedorÃa da guerra. As profundas reflexións de Sun Zi fixeron desta publicación unha obra primordial na ciencia militar chinesa, e chegou a ser un importante documento nas academias militares mesmo de diferentes paÃses occidentais. Na actualidade as súas deducións, ademais de seren obxecto de estudo no ámbito da defensa, tamén son aplicables ás relacións internacionais, comerciais e ata aos negocios. Constitúe unha aposta polo diálogo cultural, polo coñecemento mutuo e polo establecemento de pontes que favorezan o desenvolvemento en paz. Ao longo de trece capÃtulos, as exposicións de Sun Zi comprenden desde o concepto da guerra ata a construción dun exército e a intelixencia, pasando polas tácticas e estratexias, ou aspectos da teorÃa militar, sendo moitos deles obxecto de análise e comentario por primeira vez na historia. Unha coidada encadernación en tapas de cor vermello, as súas follas imitando o papel de arroz e as ilustracións do perÃodo dos reinos combatentes danlle un atractivo especial a esta publicación de pequeno formato que ademais vai embuchada nunha bolsa de tela negra adornada con motivos orientais.